Martes 18 de novembro

Ás 20:30h proxección:

ROCKBITCH. BITCHCRAFT (1998) Televisie produktie Amsterdam TVA
V.O.

A banda Rockbitch a formaban: Julie (cantante e sacerdotisa do culto do guerreiro), Luci (guitarra e puta de escea), Amanda (baixo), “A puta”, Nikki (teclado e flauta), “Ninfómana”, Jo (percusión), “Lesbiana depredadora confrontacional”, Babe (lead guitar e cantante), Señora da Web, The Beast (guitarra). Actualmente o grupo Rockbitch desapareceu completamente, por “enormes problemas coas autoridades no Reino Unido”.
“Por séculos a Igrexa e gobernos opresivos teñen intentado limitar o comportamento sexual das súas poblacións suxeitas. En comportamento privado e público, sen importarlles o Universal e afirmador-da-vida desas necesidades. A xente aprendeu a temer, reprimir e deshonrar os seus baixos instintos. A mesma imaxinación sexual ten sido particularmente sinalada como perigosa e inherentemente “disgustante”. Esta actitude caracterizou o obrar de aqueles que controlaban poboacións. A idea básica era que se a xente tivera permitido explorar, e incluso peor, actuar conforme ás súas vívidas imaxinacións sexuais, isto derivaría no caos e no demoníaco.
ROCKBITCH quere crear unha oportunidade para romper os tabús non só coa súa música e representación, senón coa celebración con outra xente que loita pola liberdade e a tolerancia sexual.”
 http://en.wikipedia.org/wiki/Rockbitch
  Posted on by desejoprecario
Filed under:
convocatorias | No Comments »

Luns 17 e mércores 19 de novembro

Data: 17 de novembro de 2008
Hora: 20:30h
Espazo: L.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto, A Coruña

Proxección:
LUCIO (2007) de Aitor Arregui e Jose Mari Goenaga. Documental. Duración: 91 minutos.
V.O.

Data: 19 de novembro de 2008
Hora: 20:30h
Espazo: L.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto, A Coruña

Palestra a cargo de LUCIO URTUBIA

Anarquista, atracador, albanel, falsificador, exiliado e loitador antifranquista formado xunto ao célebre maquis Quico Sabaté, Lucio Urtubia obtivo sona pola súa habilidade para poñer contra as cordas mediante a falsificación masiva de cheques de viaxe a principios da década dos 80 do século pasado a unha das máis poderosas entidades bancarias mundiais, o entón First National Bank, hoxe Citibank. Lucio acadou un botín de 3.000 millóns de pesetas (da época!: uns 20 millóns de euros actuais) que traspasou a causas e compañeiros afíns, indo con absoluta naturalidade a traballar como albanel cada día. Nado en 1931 nun pobo de Nafarroa, Lucio vive hoxe retirado en París. Xunto a él lembramos algúns dos grandes acontecimentos do seu tempo, do que foi testigo e participante privilexiado (revolución cubana, maio 68, relación cos Panteras negras ou os GARI, ordes de búsqueda contra él lanzadas pola CIA, preparación do secuestro do criminal de guerra nazi Klaus Barbie en Bolivia, etc).
Existe un libro biográfico escrito por Bernard Thomas Lucio Urtubia, el anarquista irreductible, traducido ao castelán por Ediciones B no ano 2001.

Para quen non o coñeza http://es.wikipedia.org/wiki/Lucio_Urtub…
Información sobre o documental dedicado a el  Posted on by desejoprecario
Filed under:
Sen clasificar | No Comments »

Domingo 16 de novembro

Proxección: Angst essen Seele auf [Todos nos chamamos Alí] (1974) de Rainer Werner Fassbinder.
Duración: 93 minutos. VOSE.
Emmi, unha muller de 60 anos criou aos seus tres fillos e traballa de limpiadora para percibir un sueldo maior. Coñece a un mozo marroquí chamado Alí e se namora del. Cando deciden casarse todos se volven contra eles. Os fillos dela non queren saber nada ata que descobren que Alí ten importantes aforros. Alí comeza a sentirse atraido por outra muller. O talento para o melodrama do prolífico e prematuramente falecido Fassbinder nun filme que rodou en menos de dúas semanas e que resultou ser unha das súas mellores películas.Premio FIPRESCI da crítica internacional en Cannes 1974.

Venres 14 de novembro

Novo Xantar Impopular, o mércores 12 de novembro

A partires das 14.30. Vén con fame que esperamos ter comida dabondo e de balde. Se vés con algún instrumento para tocar algo despois, aínda mellor. A impopularidade é o que ten.

Quede dito, o autor do cadro é Jiri Sepko.

Programación novembro

Só tes que pinchar eiquí para ver as actividades que xa están confirmadas para este mes.

Xoves 6 de novembro

Ás 20:30h Asemblea anarquista

Mércores 5 de novembro

Un xantar impopular e de balde. A partires das 14.30. E se podes tocar algún instrumento, non teñas reparo en traelo.

Ás 20:30h Asemblea Radio livre Krime

Martes 4 de novembro

Hora: 21:00h
Espazo: L.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto, Queerunha

Proxección:
Bass-Que culture [2007] de Fermín Muguruza e Netxo Lenza

Fermin Muguruza culmina o seu actual proxecto persoal de reivindicación con raíces, establecendo unha ponte entre Xamaica e Euskal Herria.
Coa cámara en man, dirixe este documental, que tomando como fío narrativo a gravación do seu último disco “Euskal Herria Jamaika Clash” (unha colección de cancións novas co apoio dalgúns dos mellores músicos e cantantes da escena sincopada de Xamaica, nos estudos Tuff Gong de Kingston, o cuartel xeral dos Marley, e Big Yard, centro operativo da crew de Shaggy), ofrécenos unha mirada social, cómplice e próxima sobre os vínculos entre pobos pequenos, neste caso, dous pobos-illa, tenaces en manterse vivos e dignos, primeiro fronte ao colonialismo, agora, fronte a un uniformismo global, que lles esixe o cesamento da súa particular rebeldía política e cultural.
Diferentes liñas transversais irannos ofrecendo distinta información sobre o que significa a música como ferramenta de transformación, “We´ll free the People with music”, o son jamaicano como catalizador de primeira orde na xa dilatada carreira musical de Muguruza, quen reivindicará e revisitará o tema de Kortatu que escribise fai 20 anos: La línea del frente [A liña da fronte], onde xa cantaba “Sempre me interesou, esa xerga que empregan os rastas”, a sonoridad e misterio da lingua vasca e a orixe e evolución da música reggae, a violencia estrutural e o intervencionismo ianqui, a vida no ghetto e o encontro de culturas.
Cunha factura guerrilleira, lonxe dunha montaxe convencional de imaxe e son, consegue un testemuño humano, cunha sensación de proximidade extraordinaria. Ou-Roy, Luciano, Toots, Rita Marley, Marcia Griffiths, todos os músicos e xente que vai participando nesta aventura, saúda este choque cultural entre Xamaica e Euskal Herria, a Bass Culture confluíndo coa Basque Culture, fundíndose nunha cerimonia dos abrazos, que mediante a música celebrará a vida, denunciando as inxustizas. Unha ponte sólida, que chama a outras illas na procura dun novo arquipélago, planetario pero diverso, de illas unidas e solidarias.
Nunha proba máis do seu talento e da súa capacidade para sorprender Fermin preséntanos unha deconstrucción da súa Euskal Herria Jamaika Clash presentandonos unha atrevida colección de remesturas nas que o orixinal ritmo reggae vai tomando unha serie de formas un tanto abstractas, ás veces ata case irrecoñecibles, modeladas polas paletas duns mesturadores que ofrecen un audaz exercicio de creación. Nun brillante exercicio de hedonismo socialista, drum & bass, disco, funk, raggamuffin, dub e rai protagonizan unha pracenteira festa rítmica destinada ao disfrute dos sentidos. Forki

Máis información en  Posted on by desejoprecario
Filed under:
Sen clasificar | 1 Comment »

Sabado 1 de novembro

EL EGO

(Madrid)
 ” title=”http://www.myspace.com/losdolares

” target=”_blank”>http://www.myspace.com/losdolares

Anarcho punk finalizando a sua interminable xira de 2 meses por Europa!

Lugar: LSO Casa Das Atochas (Atocha Alta Nº14,Monte Alto - A Coruña)
Data: Sabado 1 de Novembro 2008
Hora: 20:30 (Puntuais por favor)
Prezo: 4 euros