Luns 29: malabares e asamblea

Ás 18.00 temos o obradoiro de malabares e a partir das 20.30 a Asamblea da Casa.

O cine do domingo 28

O domingo 28 de setembro, ás 21:00 horas temos cine na Casa.

A  proxección dura 1 hora.
Presentación do libro MYSTERE MARKER (inclúe reparto dalgúns exemplares). Adxuntamos un breve (e vello)artigo artigo sobre Chris Marker escrito en castelán (saiu en “Diagonal”).

NOCHE Y NIEBLA / NUIT ET BRUILLARD
(Francia, 1955)
Dirección: Alain Resnais. Guión: Alain Resnais e Jean Cayrol. Produtor: Anatole Dauman. Duración: 32 minutos.
Un fermoso día de verán, poucos anos despois da liberación e do descobremento dos campos de exterminio nazis, a cámara de Alain Resnais (”Hiroshima mon amour“, “El año pasado en Marienbad“) penetra nun Auschwitz deserto. Unha das crónicas do horror máis demoledoras da Historia do cinema.

LA JETÉE
(Francia, 1962)
Dirección, guión e fotografía: Chris Marker. Produtor: Anatole Dauman. Produción: Argos Film. Intérpretes: Hélène Chatelain, Davos Hanich, Jacques Ledoux, André Heinrich. Duración: 28 minutos.
A Terra está en ruínas tras unha gran guerra nuclear. Os superviventes envían a un deles ao pasado para que intente evitar a contenda. O elixido é un home que garda un recordo da súa infancia, un asasinato que viu no aeroporto de Orly. Mítica fonte de inspiración de boa parte do cinema moderno, “Twelve monkeys” de Terry Gilliam baséase directamente nela. Unha película construída estritamente a base de fotografías e un único movimento.

E para o sábado pola tarde:

COMIDA NON BOMBAS, este sábado

HOXE MARTES 23/9/08 ás 20:00h PALESTRA + CONCERTO Las manos de Filippi

Data: hoxe martes 23 de setembro
Hora: 20:00h
Enderezo: Atocha Alta, 14, Montealto, Queerunha

Palestra:

«Movemento piqueteiro e cultura libre» da man do grupo musical arxentino “Las Manos de Filippi”.

O xoves 24 ás 20, na Cova dos Ratos (Rúa Romil 3 baixo) na cidade de Vigo, cun posíbel concerto posterior, estes músicos arxentinos tamén terán outra charla para dar a coñecer a súa prática política e musical desde os movementos sociais deste país.

Las Manos de Filippi forman unha coordenadora xunto a outros músicos o MUR (Músicos Unidos polo Rock) para conseguir reabrir vellos espazos e organizarse. No transcurso dos últimos anos participaron en diversos concertos a favor das fábricas recuperadas polos seus traballadores, como é o caso de Fasinpat (Fábrica sen patrón)

E ás 21:30h:

Concerto:
LAS MANOS DE FILIPPI

O grupo realiza unha parada na súa xira internacional, para realizar un concerto para os traballadores e activistas da comarca.

Máis información en:

www.myspace.com/lasmanosdefilippi

Hoxe luns 22 temos malabares.

A partir das 18.00, obradoiro de malabares.

Lembrade que hoxe, en cambio, non haberá Asamblea da Casa.

E mañá, martes 23 haberá  palestra-concerto do grupo arxentino LAS MANOS DE FILIPPI

http://www.myspace.com/lasmanosdefilippi

Cine: domingo 21 de setembre, 21.00 horas.

Proxección e presentación do documental político Informe general sobre algunas cuestiones de interés para una proyección pública (1977) de Pere Portabella.

INFORME GENERAL SOBRE ALGUNAS CUESTIONES DE INTERÉS PARA UNA PROYECCIÓN PÚBLICA
(España-Italia, 1977)
Dirección e guión: Pere Portabella. Guión: Pere Portabella, Carles Santos y Octavi Pellisa. Producción: Pere Portabella/ UNITELFILM (Italia). Fotografía: Manel Esteban (16 mm). Con  Felipe González, Jordi Pujol, Santiago Carrillo, Marcelino Camacho. Dur.: 158 min.
Transición política española, finais de 1976, inicios de 1977: os partidos políticos non están legalizados. A incertidume dun país atenazado por anos de oprobio a través das testemuñas de actores sociais pertencentes a todo o espectro político, nunha estimulante diversidade e dimensión figurativa, pola que a elaboración dun insumiso colage de rexistros (e materiais de heteroxénea procedencia) e as inclusións musicais de Carles Santos aproximan estratexias de ficción e non ficción noutro dos paseos de Portabella pola modernidade. A celeridade dos acontecementos reais fixolle tóma-la decisión de non estrear comercialmente a película, da que presentamos a última e recente montaxe.

Figura clave das artes e a política contemporánea, Pere Portabella (Figueres, 1927) presentou de maneira recente a súa última película, El silencio antes de Bach (2007). Autor de títulos esenciais como Nocturno 29 (1968), Umbracle (1972), a película-asamblea El Sopar (1974) -xa vista na Casa das Atochas-, o documental político Informe general sobre algunas cuestiones de interés para una proyección pública (1976) ou Pont de Varsovia (1989), a súa obra representa un cambio no paradigma artístico moderno, xa que se desliga do cine asociado á literatura e aboga por vías tendentes á relación coas artes plásticas e a música. Ademais, Portabella produciu a xentes de renome e foi docente, guionista, así como senador polo PSUC. Read more…

HOXE 18/9/08 ás 20:30h concerto ZE REVENGERS


Data: xoves 18/9/08
Hora: 20:30h
Espazo: L.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto, Queerunha
prezo. 3€

ZE REVENGERS

Carole baixo
Anais bateria
Mako violín

Trío musical de Grenoble (Francia) que fan jazz punk moi intenso, con violín en vez de guitarra e voces cañeiras!

Máis información en:
 http://revengers.free.fr/

Aproveitamos para convidarvos a vir os xoves ata o C.S. Atreu! (rúa San Xosé, 2, baixo, Montealto, Queerunha) a disfrutar con nos dun día de, con, en, entre, por, para e sobre mulleres.

Nos vindeiros días:

Data: hoxe 16/9/08
Espazo: L.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto, A Coruña
Hora: 21:00h

proxección:

1ª parte: Os Verjalhudos no programa de televisión Sitio distinto (A. Reixa, TVG, 1990)

2ª parte: Concerto en Minuesa (1990) de Os Verjalhudos e de La vergüenza nacional

Os Verjalhudos ou Verghalludos
Grupo mítico da Coruña dos anos oitenta que contaba na súa formación cunha gaita, unha ou dous guitarras e unha batería, sendo o seu estilo un punk-folk feito na Galiza e tamén en galego. Os Verjalhudos é un dos primeiros grupos da Galiza que empeza a percorrer o estado español cos seus directos, sendo os seus sitios favoritos os locais sociais ocupados de Madrid, Euskadi, Valencia, Catalunya, Andalucía, etc. Os músicos que formaban parte da banda eran Xabi na guitarra, Pulpiño de Viascón na batería e na voz, na guitarra Nacho Garbanzo e Cuca na gaita. Os Verjalhudos nos anos noventa foron chamados polo músico, director de cine e guionista Antón Reixa, para o seu programa da TVG Sitio Distinto e gravar 3 cancións para dito programa. Un dos músicos incorpórase a banda Os Diplomáticos de Montealto, outros marchan para Alemaña. Tras unha parentese na que o grupo tomase un descanso, e durante a que desgraciadamente o Cuca faleceu de leucemia, producese o salto dos Verjalhudos a Jarbanzo Negro. Se les unirán l@s amig@s de Frankfurt, Robert (baixo), Tanja (saxo e bombo) y Uli (acordeón e guitarra).
Tempo despois Pulpiño de Viascón atópase en Alemaña con xente dos Verjalhudos, concretamente con Nacho Garbanzo, que estaba empezando a preparar o proxecto Jarbanzo Negro. Neste proxecto, o cal empezou en serio a partir da unión de Pulpiño e Nacho, foron quenes de xuntar a Tanja no saxo e no acordeón, Uli ao baixo e a Paquiño, o gaiteiro de Cáceres, e embarcalos no Jarbanzo Negro. Empezan a ensaiar no local social okupado EXZESS de Frankfurt (Alemaña. Estando xa unidos e vendo que a banda funcionaba e gustaba, voltan a Amsterdam a tocar, sendo o seu principal motivo cultural a música na rúa. Alí en Amsterdan tiveron os seus primeiros contactos co mundo circense, no cal deciden embarcarse e marcharon para Suiza onde o JARBANZO NEGRO segue a facer os seus bolos e teatro de circo. Rematada a súa labor co circo Kran e deciden marchar para Barcelona onde se instalan no Circo Rogelio Rivel, no Ateneu Popular Nou Barris.
Xunto a Dixebra, Os Verjalhudos son a vanguardia do punk rock con gaiteiro.

«Unha das cousas que permanece dende Os Verjalhudos e que seguimos mantenendo é que non só somos un grupo musical. Jarbanzo Negro é un grupo musical porque gustanos currar na música e currarla ben, pero tamén é un proxecto social. Queremos colaborar con proxectos de mellora social. Coa peña de Sin Dios e con Os Sapos, cando aínda éramos Os Verjalhudos, facíamos panfletos onde decíamos que eramos uns grupos de música con ideas, con iniciativa e queremos seguir siéndolo. É moi difícil, moi difícil. Hemos tocado en moitos sitios, nos han dado o papeo e tal, e despois o día seguinte tocabamos na rúa para sacar pelas».

Rock Bravú
A escea do Rock Bravú estaba formada por grupos como Eskornabois, Impresentábeis, O Caimén do río Tea, Yellow Pixoliñas, Os Verjalhudos ou os Diplomáticos de Monte Alto. Fai uns 13 anos aparecia o primeiro Manifesto Bravú, creado por Manuel Rivas e Alberte Casal, que loitaba pola da música do país.
Fai 10 anos aparecia a revista Bravú, adicada exclusivamente ao movemento musical galego, onde ademais revindicavase a selección galega de futbol.
Chantada é a nai do fenómeno bravú. Alí reunironse no ano 1994 Rastreros, Skornabois, Impresentabeis, O Caimán do Río Tea, Bochechiñas, Verjalhudos, Yellow Pixoliñas e Os Diplomáticos nunha taberna na freigresía de Viana: «Alí bautizamos nunha cea o bravú: cantar en galego as cousas diarias», explica Richi. «Agora pode que estea pasado de moda, xa non é noticia saír a tocar en galego, pero quedan cousas, cando vexo as camisolas que falan do pemento de padrón non podo evitar pensar no bravú», continúa. A raíz disto xurdiu o Manifiesto bravú e o primeiro Castañazo Rock.
O término bravú sae arredor do 93. Despois de tocarmos en Euskadi ou Catalunya, comezouse a falar de agropop e outros epítetos cos que nós non nos sentiamos identificados. Pero un día, nun bar, ocorréusenos que tamén podiamos inventar nós a etiqueta. Daquela era moi típico decidir as cousas nos bares».

O fútbol galego foi un dos puntos de unión dos bravús, sen necesidade de asembleas. E os siareiros coruñeses, desde Riazor Blues á Grei Xentalla, fixeron súa a iniciativa, contra a pequena crítica atávica que dirixía contra Arsenio, desde o palco de Riazor, un pequeno fato de notábeis. «Arsenio identificábase moito coa filosofía do bravú, un bo galego, un home sabio da terra… cómpre lembrar tamén que o rock estivo sempre moi vencellado ao fútbol».

Data: xoves 18/9/08
Espazo: L.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto, A Coruña
Hora: 20:30h

concerto:

ZE REVENGERS

Carole baixo
Anais bateria
Mako violín

Son de GRENOBLE (Francia)

Fan free punk (ceivepunk)

http://revengers.free.fr/

Prezo: 3 euros

O cine do domingo 14 de setembro: Punishment Park

Ás 21.30, teremos a presentación do libro “Peter Watkins. Historia de una resistencia”, coordinado por Ángel Quintana.  

 E despois proxectaremos:

PUNISHMENT PARK

Dirección: Peter WatkinsGuión: Peter Watkins en colaboración cós actores. Produción:Françoise Films. Fotografía: Joan Churchill. Intérpretes: Jim Bohan, Paul Alelyanes, Carmen Argenziano, Stan Armsted, Harold Beaulieu. Dur.: 88 min.
Gracias á situación vivida hoxe en Guantánamo, sabemos que a sublimación paranoica de Watkins non andaba errada: un grupo de activistas son levados a Punishment Park, centro de internamento californiano para condenados por delictos políticos. A salvación pende dun reto extremo: atravesar un deserto en 3 días coa policía detrás e chegar á bandeira estadounidense… Outro grupo de acusados é xulgado preto….Todas as descualificacións posibles caeron sobre o autor por este psicodrama de denuncia cheo de forza.

Read more…