actividades do 28 e 29 de xullo

Hoxe luns, ás 18.00 terémo-lo obradoiro de malabares e despois a asamblea.

Mañá martes, ás 20.30 unha nova asamblea por unha radio libre (que xa ten nome: Radio Krime)  e despois a  proxección de NO ACEPTO, un documental sobre a historia do punk español.

adianto da vindeira semana- O mércores 30, a partires das 8.30:

LSO Casa das Atochas e Salva la Selva invítanvos a unha noite de cine e debate acercas das actividades extractivas das compañías transnacionacionais en Latinoamérica.

Mostraremos por cortesía de Clearfilms, o documental “Después de la Neblina” das norteamericanas Anne Slick y Danielle Bernstein sobre a loita contra a minería en Ecuador que recibiu 6 premios en diferentes festivais. Despois da película será posible una discusión co público presente. Como invitados estarán Guadalupe Rodríguez y Klaus Schenck, que apoian este proceso de resistencia antimineira desde 1999.

poster-despues-de-la-neblina-web.jpg

Read more…

Este Venres 25 de Xullo temos concerto !

FINISTERRE
(Koln,Alemaña) Punk a duas voces,ultimos dias da sua xira Europea.
www.myspace.com/finisterror

HONGO
(Coruña) Muralla de sonido moi lenta !
http://www.myspace.com/fungivoro

Data: 25 de Xullo 2008
Lugar: Casa Das Atochas Nº14 (Atocha Alta,Monte Alto)
Hora: 20:30 hrs.
Entrada: 3 euros

Haberá CEADOR VEGANO a cargo da COCINHA QUENTE.

P.D.: Non traias o teu can,non ten porque aguantar esta bulla sonica

Cartel das actividades da semana:

cartel21.png

Algunhas actividades da semana do 21 de xullo:

Luns 21: Obradoiro de malabares a partires das 18.00. Despois, Asamblea da Casa desde as 20.30.

Martes 22: Participa na Asamblea da creación dunha radio libre, que terá lugar ás 20.30

Ese mesmo día, ás 22.00 proxectaremos: METAL: A HEADBANGER´S JOURNEY (Canadá, 2005) Dirección e guión: Sam Dunn e Scott McFadyen. Produción: Banger Productions. Fotografía: Brendan Stacey. Intérpretes: Black Sabbath, Iron Maiden, Mötley Crüe. Duración: 94 minutos. Completísimo percorrido pola historia do heavy metal, que parte dunha idea do antropólogo e fan do hard rock Sam Dunn. Entrevistas, actuacións mesturadas cos comentarios equilibrados e sabios de Dunn. A película mereceu o premio 2006 do Festival In-Edit de Barcelona e participou nos certames de Toronto, Sundance e Cannes.

Mércores 23, ás 20.30: presentación do proxecto Libera! coa presenza de Rubén Pérez e a proxección do documental ANIMAL [2007] dirixido por Ángel Mora. A palestra configurase coa descrición da campaña antitaurina, desde as futuras accións e as posibles colaboracións.

Máis información en http://www.liberaong.org

Xoves 24, ás 19.00: Reunión dos interesados na creación de hortas urbáns.

Venres 25, ás 20.30: Concerto de FINISTERRE (Colonia) + HONGO (Queerunha)

Prezo: 3 euros

Máis información en http://www.myspace.com/finisterror

http://www.myspace.com/fungivoro

Haberá CEADOR VEGANO a cargo da COCINHA QUENTE.

Sábado 26: Tamén haberá ceador vegano da COCINHA QUENTE.

Domingo 27, ás 20:30h: Cine: THIS IS ENGLAND (Gran Bretaña, 2006)

Dirección: Shane Meadows,. Duración: 101′. Inglaterra, ano 1983. Nacemento do movemento skinhead e como telón de fondo a Guerra das Malvinas e o Goberno de Margaret Thatcher. Basado nas experiencias xuvenis do director. Gañou un premio BAFTA.

A asamblea pacifista dos venres.

Este é un espazo de debate, todos os venres ás 20.30.

Asamblea das hortas urbanas

Segue a asamblea polas hortas urbanas.

A próxima reunión será mañá, xoves 17, a partires das 19.00.

O sábado 19, hai concerto na Casa das Atochas


cartaz_19_xullo3.jpg

POSESSION
(Asturias) 7 anos despois da sua ultima visita volven por terras Coruñesas presentado o seu novo cd “Memento Mori” en Throne Records. Metal escuro a morrer !
http://www.myspace.com/666posession


BURNING CUCHILLO

(Satander) Ex-Cementerio Show!! Vellos amigos que xa coñecen o movimento na cidade como a Okupa da Ría. Punk-Rock con solos que dan medo!!!!
http://www.myspace.com/burningcuchillo


Casa Das Atochas (Atocha alta 14 / Monte Alto / Coruña)
Sabado 19 de Xullo 2008, ás
20:30 hrs. (Puntual, xa sabedes que os horarios cumplense)

4 euros

P.D.: Non traias o teu can,non ten porque aguantar esta bulla sonica :)

Actividades dos días 14 e 15 de xullo:

Hoxe, luns 14 de xullo teremos o noso obradoiro de malabares ás 18.00 e despois a nosa Asamblea a partir das 20.30.

E mañá martes 15, a partir das 20.30 podes participar na Asamblea que está a traballar para a creación dunha radio libre.

Despois desa reunión, proxectaremos:

THE FILTH AND THE FURY (Julien Temple, 2000).

Un documental de 108 minutos  completamente adicado á figura dos Sex Pistols.

filth_and_the_fury_xl_01-film-b.jpg

Actividades destes días:

Hoxe venres 11 de xullo comezan as reunión da Asamblea antimilitarista (unho pouco máis abaixo podedes atopar máis información por parte do compañeiro que fixo a proposta).

Tamén haberá ceador vegano organizado pola Coziña Quente, tanto o venres coma o sábado.

O sábado, a partir das 21.00 terémo-la festa calorra organizada pola asamblea da Radio Krime.

Para o domingo, ás 20.30 temos programada a a proxección do documental Can Vies.