Hoxe, ás 20.30, terémo-la reunión sobre a constitución dunha radio libre.
E despois diso proxectaremos:
AMERICAN HARDCORE: THE HISTORY OF AMERICAN PUNK ROCK 1980-1986
(Estados Unidos, 2005)
Dirección, guión e producion: Paul Rachman e Steven Blush. Duración: 95 minutos.
A efervescencia do hardcore estadounidense desde 1980 nun título dirixido por dous expertos no movimento punk. Un son acelerado, as letras radicalizadas, a aparición de novas modalidades de baile, a cultura skate, o movimento vexetariano, a politización de moitos grazas as medidas nihilistas de Ronald Reagan, un retrato exhaustivo dos integrantes desta cultura que se achega aos grupos do momento (Suicidal Tendencies, Zero Boys, Flipper ou Bad Religion) nun filme documental que participa en certames como Sundance, Berlín e Toronto.
Posted on Xullo 8th, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Comments »
Sesión de música experimetal electrónica e video a cargo do músico ONE MAN NATION
Dende o ambient ata o folk, a electronica e o clicks and cutsom.
One Man Nation é un renegado produtor de musica electronica originario da cidade estado de Singapore (actualmente reside en Rotterdam). Ten 3 studio releases. No directo combina anacos de musica con imaxes.
Máis información:
http://www.onemannation.com/
http://onemannation.com/blog/
http://www.myspace.com/onemannation
http://aculturapreokupa.blogaliza.org
Posted on Xullo 7th, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Comments »

Concerto en apoio a Carlos Cela Seone.
http://carloslivreagora.blogaliza.org/
Posted on Xullo 3rd, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | 1 Comment »
Apresentaçom do documentario `Brad Will; máis umha noite nas barricadas´
Contaremos com a presença de um dos compas do IMC Brasil que levou a cabo a realizaçom do mesmo.
Documentario sobre o activista de indymedia assassinado na toma de Oaxaca, no 2006. Ao través de imágens de Brad e de gênte que o conheceu, o documentario reflexiona sobre o mediactivismo e o movimento antiglobalizaçom componhendo um retrato da nossa geraçom política.
Debate com compas de FugaEmRede e breve apresentaçom do seu projecto.
Posted on Xullo 3rd, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Comments »
Jornadas movimentos sociais:
Tras varios meses de evidente mutaçom política atravesando o LSO Casa das Atochas, recolhemos o desejo de muitas com o inicio de estas jornadas sobre movimentos sociais na cidade.
Pretendemos ir de menos a máis. De passado ao futuro, passando polo agora.
E por isto que abrimos estas jornadas que se comporám de diferentes modulos e tempos com um primeiro analise em chave de passado pretérito e inicio de um presente.
Umha recomendaçom. Para poder fazer-se umha fotografía em movimento das realidades políticas da cidade e contruir juntas a ideia de posibilidades de futuro é recomendável seguir com periodicidade as palestras. Apenas esta recomendaçom, compas.
O jeito de fazer de cada día é: intervençons de 15 minutos sobre os tres pontos descrutos. Debate. Búsqueda de conclussons. O objetivo, apresentar no ultimo día (que será possivelmente a semana próxima) umha serie de pontos comúns com os que intervir comunmente como colectivos autonomos no marco da cidade.
Mércores 2-J; 20.30
Do partido aos movimentos; novos espaços De agregaçom:
*Os 90 e o nascimento dos mov. soc. por Alberto Naia e Rubem Centeno
*CL Oveja Negra
*CSA Mil Lúas
Joves 3-J; 20:30
A páctica do comúm. Espaçom Em agregaçom:
*CSA Atreu!
*Assembleia contra o desfile
*Realidades contraculturais: Las Ruinas e La Cupula del Trueno
Posted on Xullo 1st, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Comments »
temos a partires das 20.30 a reunión-asamblea para a constitucion dunha radio libre.
Posted on Xullo 1st, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Comments »
haberá obradoiro de malabares ás 18.00 e despois a Asamblea Aberta ás 20.30.
E mañá martes terémo-la primeira reunión de cara á creación dunha radio libre.
Posted on Xuño 30th, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Comments »
Hoxe, xoves, ás 20.30 terémo-la conferencia As mentiras do VIH, a cargo de Manuel Garrido.
Venres 27, ás 20.30, na Casa das Atochas:
*Apresentaçom do video produzido por Olholivre “Queerunha 07″, +refrigério+colóquio
Sábado 28:
*Jantar vegano transmaribolhofeminista, às 14.30 na casa das Atochas (Cozinha Quente)
*Grande Mani*festa*acçom ‘a igreja mata, apostata!’:
Encabezada por Susan Tidad Paqui Vásques e o seu elegante Papa Móbil
Saímos às 20.00 do Campo de Marte.
*Festa rachada (ao finalizar a máni) no Campo da lenha
Bebidas+postos de colectivos+teatro+comunióm+artistas invitadas+concursos+videos+djs
O domingo 29, ás 20.00: proxectaremos Sicilia! (que a semana pasada tiveramos que pospoñer)
SICILIA (Francia-Italia-Suíza, 1998) Dirección, guión e fotografía: Jean-Marie Straub e Danièle Huillet. Produción: Duración: 66 minutos.
Unha das últimas películas da filmografía de Straub e Huillet. Os rigorosos e exquisitos cineastas adaptaron un dos cumios do realismo social literario, a novela de Elio Vittorini “Conversación en Sicilia” seguindo o seu particular credo e poética do cine: esencialidade, desposuimento e representación. O portugués Pedro Costa realizou en 2001 “Onde jaz o teu sorriso” en torno ao apaixoante proceso de montaxe deste traballo, que tamén se poderá ver.
Posted on Xuño 26th, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Comments »
Antes de salta-la cacheira de San Xoán… desde as 18.00 tes unha posibilidade de facer voar no aire bolas e mazas.
Posted on Xuño 23rd, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Comments »

Posted on Xuño 18th, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | 1 Comment »