Mércores 17 de decembro, ás 17:00h

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE XOGOS ASIÁTICOS
Divírtete reciclando e creando os teus propios xogos de xadrez e aprende a xogar con eles.
Opcionalmente podes vir equipado con algún dos seguintes materiais: papel de periódico, cartóns, follas de papel para reutilizar (escritas por un lado…), papel de cociña, tixeiras, un balde, fariña, cola branca, escaiola ou xeso, espátulas, [...]

A partir do martes 16 de decembro

Martes 16: ás 20:00h palestra “A situación da muller en prisión”
Mércores 17: ás 20:00h palestra “Loitas e fugas nas cárceres belgas” (a cargo duns compañeiros de alá)
Xoves 18: ás 20:00h “Centros de Menores” (a cargo dun compañeiro da asemblea contra os centros de menores de Madrid)
Venres 19: ás 20:00h ceador vegano e pase de vídeo
Sábado [...]

Domingo 14 de decembro

Ás 20:30h sesión de música tecno experimental + vídeo a cargo de LAB3.0
LAB3.0 
Presentase  de novo en direito a instalación audiovisual  Laboratorio de frecuencias, esta vez baixo o nome LAB 3.0, debido á incorporación de Paula Martínez o proxecto orixinalmente formado por  VJ the end y DC Conversor. Musicalmente trata-se dun proxecto experimental basado en sons atmosféricos próximos ó [...]

Sábado 13 de decembro

Ás 20:30h concerto organizado por Proxecto Zero a cargo de Uñazo (Punkarral) e Alterazión del Orden (Melide), máis unha sesión ska de Davide
O prezo da entrada será de 3 euros

Venres 12 de decembro

Ás 20:30h Codia (Queerunha) e Desguace (València) en concerto na Casa

Xoves 11 de decembro

Ás 20:30h o colectivo Proxecto Zero ten programada unha sesión de pinchadiscos a cargo de Breakthatbeat &Sauco + Sesión Xabarín

Mércores 10 de decembro

A partires das 14.30h , un novo Xantar Impopular, de balde e vegán. Veremos que sae desas potas. Desta vez aproveitaremos a ocasión para intentar argallar o Comida, Non Bombas deste mes.
E a partires das 20.30h, a reunión de Radio Krime.
Desta vez a imaxe é de Jean-Michel Basquiat.

Martes 9 de decembro

Ás 20.30h pasaremos a película Salvador Allende de Patricio Guzmán. Seica hoxe hai un acto de protesta contra a brutalidade policial en Grecia (17:00h na embaixada de Grecia na Coruña, zona Xulgados), o que podería afectar á hora de inicio da proxección deste documental.
Máis información en: http://www.patricioguzman.com

Sábado 22 de novembro

a partir das 20:30 h. celebrará-se no Local Social Ocupado Casa das Atochas, da Crunha, um concerto de solidariedade com o militante independentista galego Rubém Meixide, detido e processado pola sua presunta agressom a um militar espanhol vinculado à extrema direita na cidade herculina. 
Bitxo Bola (Trasancos)
ArengA (Eume)
http://www.myspace.com/arenga
Ultraqans (Crunha)
O preço das entradas é de 3 euros
Lembramos que Rubém [...]

Venres 21 de novembro

Ás 20:30h concerto:
La Casa Fantom (Oslo) http://www.lacasafantom.com: mítica banda noruega formada por un baixista e un batería.
Masters of the Ungentlemanly Art (Kentucky) http://www.zh27.org/ http://www.myspace.com/mastersoftheungen… Proxecto que Zan Hoffman comezou durante a súa estancia na Universidade de Drake en 1985 e que se fundamenta nas súas aventuras Multi-colaborativas con músicos de todo o mundo. Concibindo o proxecto como unha [...]