O cine do domingo 28

O domingo 28 de setembro, ás 21:00 horas temos cine na Casa.

A  proxección dura 1 hora.
Presentación do libro MYSTERE MARKER (inclúe reparto dalgúns exemplares). Adxuntamos un breve (e vello)artigo artigo sobre Chris Marker escrito en castelán (saiu en “Diagonal”).

NOCHE Y NIEBLA / NUIT ET BRUILLARD
(Francia, 1955)
Dirección: Alain Resnais. Guión: Alain Resnais e Jean Cayrol. Produtor: Anatole Dauman. Duración: 32 minutos.
Un fermoso día de verán, poucos anos despois da liberación e do descobremento dos campos de exterminio nazis, a cámara de Alain Resnais (”Hiroshima mon amour“, “El año pasado en Marienbad“) penetra nun Auschwitz deserto. Unha das crónicas do horror máis demoledoras da Historia do cinema.

LA JETÉE
(Francia, 1962)
Dirección, guión e fotografía: Chris Marker. Produtor: Anatole Dauman. Produción: Argos Film. Intérpretes: Hélène Chatelain, Davos Hanich, Jacques Ledoux, André Heinrich. Duración: 28 minutos.
A Terra está en ruínas tras unha gran guerra nuclear. Os superviventes envían a un deles ao pasado para que intente evitar a contenda. O elixido é un home que garda un recordo da súa infancia, un asasinato que viu no aeroporto de Orly. Mítica fonte de inspiración de boa parte do cinema moderno, “Twelve monkeys” de Terry Gilliam baséase directamente nela. Unha película construída estritamente a base de fotografías e un único movimento.

Leave a Reply