HOXE MARTES 23/9/08 ás 20:00h PALESTRA + CONCERTO Las manos de Filippi

Data: hoxe martes 23 de setembro
Hora: 20:00h
Enderezo: Atocha Alta, 14, Montealto, Queerunha

Palestra:

«Movemento piqueteiro e cultura libre» da man do grupo musical arxentino “Las Manos de Filippi”.

O xoves 24 ás 20, na Cova dos Ratos (Rúa Romil 3 baixo) na cidade de Vigo, cun posíbel concerto posterior, estes músicos arxentinos tamén terán outra charla para dar a coñecer a súa prática política e musical desde os movementos sociais deste país.

Las Manos de Filippi forman unha coordenadora xunto a outros músicos o MUR (Músicos Unidos polo Rock) para conseguir reabrir vellos espazos e organizarse. No transcurso dos últimos anos participaron en diversos concertos a favor das fábricas recuperadas polos seus traballadores, como é o caso de Fasinpat (Fábrica sen patrón)

E ás 21:30h:

Concerto:
LAS MANOS DE FILIPPI

O grupo realiza unha parada na súa xira internacional, para realizar un concerto para os traballadores e activistas da comarca.

Máis información en:

www.myspace.com/lasmanosdefilippi

Leave a Reply