Nos vindeiros días:
Data: hoxe 16/9/08
Espazo: L.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto, A Coruña
Hora: 21:00h
proxección:
1ª parte: Os Verjalhudos no programa de televisión Sitio distinto (A. Reixa, TVG, 1990)
2ª parte: Concerto en Minuesa (1990) de Os Verjalhudos e de La vergüenza nacional
Os Verjalhudos ou Verghalludos
Grupo mítico da Coruña dos anos oitenta que contaba na súa formación cunha gaita, unha ou dous guitarras e unha batería, sendo o seu estilo un punk-folk feito na Galiza e tamén en galego. Os Verjalhudos é un dos primeiros grupos da Galiza que empeza a percorrer o estado español cos seus directos, sendo os seus sitios favoritos os locais sociais ocupados de Madrid, Euskadi, Valencia, Catalunya, Andalucía, etc. Os músicos que formaban parte da banda eran Xabi na guitarra, Pulpiño de Viascón na batería e na voz, na guitarra Nacho Garbanzo e Cuca na gaita. Os Verjalhudos nos anos noventa foron chamados polo músico, director de cine e guionista Antón Reixa, para o seu programa da TVG Sitio Distinto e gravar 3 cancións para dito programa. Un dos músicos incorpórase a banda Os Diplomáticos de Montealto, outros marchan para Alemaña. Tras unha parentese na que o grupo tomase un descanso, e durante a que desgraciadamente o Cuca faleceu de leucemia, producese o salto dos Verjalhudos a Jarbanzo Negro. Se les unirán l@s amig@s de Frankfurt, Robert (baixo), Tanja (saxo e bombo) y Uli (acordeón e guitarra).
Tempo despois Pulpiño de Viascón atópase en Alemaña con xente dos Verjalhudos, concretamente con Nacho Garbanzo, que estaba empezando a preparar o proxecto Jarbanzo Negro. Neste proxecto, o cal empezou en serio a partir da unión de Pulpiño e Nacho, foron quenes de xuntar a Tanja no saxo e no acordeón, Uli ao baixo e a Paquiño, o gaiteiro de Cáceres, e embarcalos no Jarbanzo Negro. Empezan a ensaiar no local social okupado EXZESS de Frankfurt (Alemaña. Estando xa unidos e vendo que a banda funcionaba e gustaba, voltan a Amsterdam a tocar, sendo o seu principal motivo cultural a música na rúa. Alí en Amsterdan tiveron os seus primeiros contactos co mundo circense, no cal deciden embarcarse e marcharon para Suiza onde o JARBANZO NEGRO segue a facer os seus bolos e teatro de circo. Rematada a súa labor co circo Kran e deciden marchar para Barcelona onde se instalan no Circo Rogelio Rivel, no Ateneu Popular Nou Barris.
Xunto a Dixebra, Os Verjalhudos son a vanguardia do punk rock con gaiteiro.
«Unha das cousas que permanece dende Os Verjalhudos e que seguimos mantenendo é que non só somos un grupo musical. Jarbanzo Negro é un grupo musical porque gustanos currar na música e currarla ben, pero tamén é un proxecto social. Queremos colaborar con proxectos de mellora social. Coa peña de Sin Dios e con Os Sapos, cando aínda éramos Os Verjalhudos, facíamos panfletos onde decíamos que eramos uns grupos de música con ideas, con iniciativa e queremos seguir siéndolo. É moi difícil, moi difícil. Hemos tocado en moitos sitios, nos han dado o papeo e tal, e despois o día seguinte tocabamos na rúa para sacar pelas».
Rock Bravú
A escea do Rock Bravú estaba formada por grupos como Eskornabois, Impresentábeis, O Caimén do río Tea, Yellow Pixoliñas, Os Verjalhudos ou os Diplomáticos de Monte Alto. Fai uns 13 anos aparecia o primeiro Manifesto Bravú, creado por Manuel Rivas e Alberte Casal, que loitaba pola da música do país.
Fai 10 anos aparecia a revista Bravú, adicada exclusivamente ao movemento musical galego, onde ademais revindicavase a selección galega de futbol.
Chantada é a nai do fenómeno bravú. Alí reunironse no ano 1994 Rastreros, Skornabois, Impresentabeis, O Caimán do Río Tea, Bochechiñas, Verjalhudos, Yellow Pixoliñas e Os Diplomáticos nunha taberna na freigresía de Viana: «Alí bautizamos nunha cea o bravú: cantar en galego as cousas diarias», explica Richi. «Agora pode que estea pasado de moda, xa non é noticia saír a tocar en galego, pero quedan cousas, cando vexo as camisolas que falan do pemento de padrón non podo evitar pensar no bravú», continúa. A raíz disto xurdiu o Manifiesto bravú e o primeiro Castañazo Rock.
O término bravú sae arredor do 93. Despois de tocarmos en Euskadi ou Catalunya, comezouse a falar de agropop e outros epítetos cos que nós non nos sentiamos identificados. Pero un día, nun bar, ocorréusenos que tamén podiamos inventar nós a etiqueta. Daquela era moi típico decidir as cousas nos bares».
O fútbol galego foi un dos puntos de unión dos bravús, sen necesidade de asembleas. E os siareiros coruñeses, desde Riazor Blues á Grei Xentalla, fixeron súa a iniciativa, contra a pequena crítica atávica que dirixía contra Arsenio, desde o palco de Riazor, un pequeno fato de notábeis. «Arsenio identificábase moito coa filosofía do bravú, un bo galego, un home sabio da terra… cómpre lembrar tamén que o rock estivo sempre moi vencellado ao fútbol».
Data: xoves 18/9/08
Espazo: L.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto, A Coruña
Hora: 20:30h
concerto:
ZE REVENGERS
Carole baixo
Anais bateria
Mako violín
Son de GRENOBLE (Francia)
Fan free punk (ceivepunk)
http://revengers.free.fr/
Prezo: 3 euros
Posted on setembro 15th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar, convocatorias
Leave a Reply