Os días 21 e 22 de agosto temos un obradoiro de ioga
O obradoiro consta de 2 sesións de 3 horas, de 18 a 21h
Centro Social Atreu, Travesia San Xosé, 2 - Monte Alto – A Coruña
Ayurveda: A ciencia da vida. Alimentación, hixiene e costumes para levar unha vida sa.
Os ensinos do Mestre: cuxa aplicación no día a día, marcan o camiño da felicidade.
Ioga práctico: Posturas e respiracións para sanar e equilibrar o corpo e a mente.
Non necesitas aptitudes físicas especiais, nin coñecementos de ioga para aproveitar o taller.
Xoves 21
A primeira parte estará adicada a unha sesión prática de ioga na que se porá especial énfases en coller unha base para poder iniciar-se no hábito da prática. Isto podemo-lo realizar de forma colectiva ou individualmente. Mediante a prática, iremos collendo consciéncia do corpo, da mente, e da inter-relazón que ha entre ambos, descobrindo que clases de cousas afectan-nos, de que xeito e como soluciona-las. Tamén irá aumentando a nosa capacidade para concentrar-nos e focalizar a atención, asi como a vontade que nos permite facer as modificacións que queiramos tanto dentro como fora de nós, e para sacar proxectos adiante.
Na segunda parte do primeiro dia traballaremos os conceitos que fan integrar a filosofia do ioga na cotidianidade, Astanga ioga. Os conceitos que fan que o ioga pase de ser algo mais que unha ximnasia e un sistema para mellorar a saúde física, e vólva-se ser (como foi concebida orixinalmente) unha ferramenta coa cal podamos traballar mais alá do corpo, e chegar á mente, onde poderemos traballar en quitar os nosos condicionamentos culturais, relixiosos, que nos fan repetir as mesmas estruturas ou loitas de poder que ha nos modelos mais integrados na sociedade, nos modelos de organización horizontais que intentamos desenvolver nas nosas relacións sociais, familiares, afectivas, etc.
Venres 22
Na primeira parte como o primeiro dia adicaremos-nos á parte prática, como no dia anterior.
Na segunda parte teremos unha introdución ao ayurveda, que é unha ciéncia da vida, na cal indican-se costumes alimenticios, de hixiene e de comportamento, que fan regular o corpo e a mente de acordo á constituizón (dosha) de cada persoa.
O ayurveda busca o manter o equilíbrio do corpo, corrixindo as causas de desequilíbrio antes de que se produza a enfermidade, evitando efeitos secundários derivados dos tratamentos do medicamento ocidental, e a dependéncia aos fármacos.
Posted on Agosto 20th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar

Leave a Reply