Hoxe martes 29: NO ACEPTO
NO ACEPTO
Primeiro traballo documental que cubre a escea punk-hardcore no estado español durante a década dos 80, unha época que deixa un legado artístico e discográfico visceral, cru como poucas veces na historia da música estatal.
Proxección e celebración hardcoreta na Casa das Atochas ás 21 horas (logo da asamblea de radio, que ten lugar ás 20.30 horas). Haberá cea e varias sorpresas.
Anos duros e historias aínda máis duras que tiveron como protagonistas a bandas tan carismáticas como Cicatriz, RIP, Kortatu, Eskorbuto, La Polla Records, Decibelios, Ultimo Resorte o TNT, grupos en clave de punk rabioso e salvaxe reflexo do seu tempo e unha realidade hoxe oficialmente non relevante, pero tan real y vibrante como amosan as testemuñas musicais e personais reflexadas neste documental.
“No Acepto!!! 1980-1990: 10 años de Hardcore, Punk, Ira y Caos”, dirixido por José A. Alfonso e Alberto Bocos, é unha película-documental de 4 horas e media de duración que cubre a maior parte da escea punk-hardcore no estado español durante os anos 80: Barcelona, Madrid, Euskadi e Zaragoza xunto a un capítulo inicial introductorio e outro de conclusións.
A película contén fragmentos de actuacións en directo e/ou entrevistas a compoñentes de bandas clásicas como R.I.P., Kortatu, Cicatriz, Eskorbuto, G.R.B., Bap!!, Subterranean Kids, L’odi Social, Karkaxa,
Ultimo Resorte, IV Reich, La Polla Records, Vulpess, Ruido de Rabia, H.H.H., MG15, Anti-Dogmatikss,
La Resistencia, Vómito, Anti-Régimen, Parásitos, Monstruación, Decibelios, T.D.K., Espasmódicos,
La Broma de Ssatán, Escorbuto Crónico, TNT, KGB, La Uvi e moitas máis…
Posted on xullo 29th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar

Leave a Reply