adianto da vindeira semana- O mércores 30, a partires das 8.30:

LSO Casa das Atochas e Salva la Selva invítanvos a unha noite de cine e debate acercas das actividades extractivas das compañías transnacionacionais en Latinoamérica.

Mostraremos por cortesía de Clearfilms, o documental “Después de la Neblina” das norteamericanas Anne Slick y Danielle Bernstein sobre a loita contra a minería en Ecuador que recibiu 6 premios en diferentes festivais. Despois da película será posible una discusión co público presente. Como invitados estarán Guadalupe Rodríguez y Klaus Schenck, que apoian este proceso de resistencia antimineira desde 1999.

poster-despues-de-la-neblina-web.jpg

Después de la neblina“
Después de la Neblina
é un documental sobre a resistencia radical dunha pequena comunidade chamada Junín, que está a loitar contra o proxecto industrial dunha mina de cobre que de ir adiante destruiría para siempre o seu modo de vida. A comunidade está situada no noroccidente ecuatoriano, en medio duns bosques aneboados cunha biodiversidade excepcional.

A película é narrada polos habitantes da comunidade que contan como a vida diaria está a ser afectada polo achado do potencial mineiro baixo as súas terras. Mentres que dúas empresas mineiras tentaron repetidamente infiltrarse e controlar a zona, a comunidade acometeu unha loita pola supervivencia. Estes campesiños que vivían nunha grande paz, víronse involucrados no perigoso mundo da violencia, da corrupción e familias desvencelladas que loitan con forza para protexer a súa terra e a súa vida

Datos do Documental

DESPUÉS DE LA NEBLINA

Ecuador. Doc, 77 min.

Dirección, Guión y Producción: Anne Slick, Danielle Bernstein
Fotografía
: Denielle Bernstein
Música
: Juan Carlos Gonzalez
Son
: Esteban Brauer
Edición
: Ivan Mora

Podes ver un trailer da pelicula:

http://www.clearfilms.org/html/when_clouds_clear.html

Máis información sobre Salva la Selva:

www.salvalaselva.org

Leave a Reply