Algunhas actividades da semana do 21 de xullo:

Luns 21: Obradoiro de malabares a partires das 18.00. Despois, Asamblea da Casa desde as 20.30.

Martes 22: Participa na Asamblea da creación dunha radio libre, que terá lugar ás 20.30

Ese mesmo día, ás 22.00 proxectaremos: METAL: A HEADBANGER´S JOURNEY (Canadá, 2005) Dirección e guión: Sam Dunn e Scott McFadyen. Produción: Banger Productions. Fotografía: Brendan Stacey. Intérpretes: Black Sabbath, Iron Maiden, Mötley Crüe. Duración: 94 minutos. Completísimo percorrido pola historia do heavy metal, que parte dunha idea do antropólogo e fan do hard rock Sam Dunn. Entrevistas, actuacións mesturadas cos comentarios equilibrados e sabios de Dunn. A película mereceu o premio 2006 do Festival In-Edit de Barcelona e participou nos certames de Toronto, Sundance e Cannes.

Mércores 23, ás 20.30: presentación do proxecto Libera! coa presenza de Rubén Pérez e a proxección do documental ANIMAL [2007] dirixido por Ángel Mora. A palestra configurase coa descrición da campaña antitaurina, desde as futuras accións e as posibles colaboracións.

Máis información en http://www.liberaong.org

Xoves 24, ás 19.00: Reunión dos interesados na creación de hortas urbáns.

Venres 25, ás 20.30: Concerto de FINISTERRE (Colonia) + HONGO (Queerunha)

Prezo: 3 euros

Máis información en http://www.myspace.com/finisterror

http://www.myspace.com/fungivoro

Haberá CEADOR VEGANO a cargo da COCINHA QUENTE.

Sábado 26: Tamén haberá ceador vegano da COCINHA QUENTE.

Domingo 27, ás 20:30h: Cine: THIS IS ENGLAND (Gran Bretaña, 2006)

Dirección: Shane Meadows,. Duración: 101′. Inglaterra, ano 1983. Nacemento do movemento skinhead e como telón de fondo a Guerra das Malvinas e o Goberno de Margaret Thatcher. Basado nas experiencias xuvenis do director. Gañou un premio BAFTA.

Leave a Reply