Velaí a proposta dun dos compañeiros para este e os seguintes venres:

Me gustaría formar un grupo de reflexión e ación pacifista, antimilistarista e en favor do progreso dos pobos e do valor supremo da paz
O grupo chamariase “Bertand Russell” en honor do filósofo inglés comprometido co desarme nuclear.
Poderiamos reunirnos unha vez a semana, os venres as 21:00 ou noutra data e hora que vos propuxérades

Teño un conxunto de materiais que son moi interesantes, desde contos a pezas de teatro.
Apunto algúns datos para a reflexión:

Ti decides

 

Le con atención estes datos:

 

1-Os gastos militares no mundo supoñen un investimento 60 veces superior ao que se precisaría realizar en Saúde e Nutrición básica para cubrir as necesidades de toda a poboación mundial.

2-Co valor dun submarino nuclear poderíase pagar un programa de vacinación para todos os nenos e nenas do mundo.

3-Destruir unha mina antipersoal costa entre 100 e 300 veces máis que fabricala.

4-En Angola e Camboia hai máis minas que habitantes.

5-As explosións nucleares teñen matado, enfermado ou deformado a 1.200 millóns de persoas nos últimos sesenta anos.

6-Actualmente máis de 300.000 nenos e nenas soldados combaten en conflictos armados.

7-Os gastos militares en España son 10 veces superiores ao conxunto da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD.)

8-No mundo hai un soldado por cada 43 persoas e un médico por cada 1000.

9-Aínda morren cada día uns 35.000 nenos e nenas por malnutrición e enfermidade.

10-Cincoenta millóns de persoas están infectadas polo virus do SIDA e a grande maioría non recibe tratamento médico nin atención.

11-Oitocentos millóns de persoas non teñen acceso á comida suficiente para alimentarse.

12-Dez millóns de nenos e nenas morren antes de cumprir os cinco anos por causas evitables.

13-O 70% das persoas pobres no mundo son mulleres.

14-O 10% da poboación goza do 70% da riqueza do mundo.

15-Actualmente, 45 millóns de nenos e nenas que viven en África subsahariana non están matriculados na escola primaria.

 

Qué podes facer ti?

-Difundir estes datos e outros parecidos que coñezas.

-Dar a coñecer tamén que existe unha alternativa, que o gasto pode reorientarse, redirixirse.

-Contactar con máis xente da túa localidade ou do teu país que tamén pensa como ti (lembra que internet é un poderoso medio de encontro e comunicación), e organizarse con elas para posibles manifestacións, ou para reunir sinaturas que lle esixan  ao Presidente do goberno unha redución do gasto en armas.

-E non desanimarse aínda que os froitos do teu esforzo tarden en chegar…, porque todo o bo tarda en chegar, pero sempre paga a pena.

-E lembra: cando soñamos sos, e simplemente un soño. Cando soñamos xuntos, comeza unha realidade.

2 Responses to “Velaí a proposta dun dos compañeiros para este e os seguintes venres:”

  1. Grazas pola aportación e pola tua involucración destas temáticas. Souben desta páxina por un amigo e comparto moito do que ti dis, tentareia pasarme polo voso sitio para participar e ver que se cociña nos fornos dos que lle queren dar voz os que ya quitaron, un saudo.

  2. [...] é un espazo de debate, os venres ás [...]

Leave a Reply