As xornadas de Maribolheras Precárias.
O texto de Anders e o agradable posicionamento de Alex Casademunt permitiron un interesante remuiño de ideas. Unhas trinta persoas a falar do sistema, da democracia, do papel dos medios de comunicación, da violencia do sistema, de xeitos de crear unha forza alternativa para nos enfrontar ó poder (dentro da dialéctica tradicional sobre o poder), sobre a destrucción como resposta, sobre a perda constante de dereitos, sobre o conformismo, a frustración e o medo que historicamente temos ben dentro, nos inhibe e nos volve policías de nós mesmos; sobre a globalización que xa impuxeran os romanos no mundo coñecido, sobre a búsqueda de equivalencias para facer que máis xente entenda como van as cousas, sobre o maio do 68, sobre a vida gratis (que sen dúbida quere dicir a vida na procura da alegría), sobre o aillamento que xeneran as novas tecnoloxías, así como as loitas sociais nese eido e sobre nós mesmos, como espazo aberto e en construcción en tódolos sentidos.
Non olvidedes que as xornadas continúan este sábado ás 6 cun obradoiro no CS Atreu e cun ceador vegano ás 10 no noso espazo.
Posted on Maio 9th, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar
Leave a Reply