tra-la fin de semana
A poesía salvaxe de Petra. As trompetas da Kocani que fixeron tolear a moitos na noite do sábado. A orgullosa mirada no tempo do domingo. ¡E os traballos de recuperación do espazo que non pararon arredor do esceario e da nova cociña! Velaí algunhas imaxes desta intensa fin de semana.
E non vos esquenzades da asamblea aberta de hoxe ás 20.30 como todos os luns, nin do obradoiro de bisutería do Pibe (mañá martes de 18:00 a 20:00). E tamén mañá 6 de maio, a partir das 20:00 faremos unha presentación pública do noso proxecto no centro da Asociación de Veciños de Monte Alto.
Posted on Maio 5th, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar
Leave a Reply