O corpo a xirar, a turrar dunha alma esfiañada que todo o tempo queda atrás. O corpo a facer a súa parte e maila parte da consciencia no medio dun balbordo de berros desterrados do cotiá polo imperio da linguaxe. […]

Segue a choiva e continúan os traballos na casa…

que se fixese sol non sei ben se teriamos forzas dabondo para resistilo. Non hai testemuñas gráficas destes días pero iso non quere dicir que o espazo non cambie cada día, cara ó concerto do venres.

Programa da semana.


Adiada a festa de hoxe, venres.

A festa queda adiada para a vindeira semana.
Sentímolo.

Manifestacion dos veciños de Montealto contra EMALCSA.

Ante a ultimo corte no suministro de auga por parte da concesionaria do servizo, EMALCSA, as veciñas de Montealto manifestaronse o martes dia vinte de Maio.Percorreron o pequeno treito que vai dende a praziña […]

Hoxe non haberá Maribingo.

As Maribolheras Precarias avisáronnos que non poderán facelo hoxe como tiñamos anunciado, pero de seguro atoparemos unha nova data nas vindeiras semanas.

Non stop

 

Programa do 19 ó 25 de maio

Pincha aquí para poder velo: programa19maio.jpg

Descoberta da terra

ouh, ti, muller!, agora que inda é tempo
imos mirar a iauga como esvara.

Mergullarse no río
a apreixar o tesouro das areas
que escintilan ao sol coma brilantes;
correr ispido polos outos millos,
tripar as herbas e sentir o alento
do seu recendo unxir o corpo todo…

E aí vai un adianto da vindeira semana

 A charla sobre algas terá lugar o xoves. Non a perdas.
algae.jpg