2º día de resistencia
Rematado o 2º día de resistencia no laboratorio social okupado, tivemos sesión reggae-dub e proxección de LiliFilms, xantador e ceador vegano, e curro, moito curro, visitas estupendas e menos estupendas, pero aquí seguimos.Sobre todo destacou o apoio da xente, esa é a liña axeitada para permanecer.
Mañan nos espera outro día repleto de cousas por facer, veremos o resultado do obradoiro de plantillas que se levou a cabo hoxe. Despois do xantar, a eso das 16:00 h, Nomepisesofreghao dinamizará o centro coa colaboración de compas de Vigo que nos farán un obradoiro de afectividades, proxectaremos traballos de María Ruido, faremos unha performance con Rita Rodríguez, veremos o traballo “Precarias a la Deriva” (Eskalera da Karacola) e esperamos que poda vir a compa Clara González de Mariclown para o fin de festa.
Estades convidadas a compartir toas estas actividades, e facemos especialmente o convite a todas as mulleres que queran coñecer o qeu facemos e, sobre todo, o que queremos facer.
En Atocha Alta 14 vos esperamos!
Posted on marzo 16th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar
Leave a Reply