Nova páxina da Casa das Atochas

Esta xa non é a páxina da Casa das Atochas. O noso novo enderezo é http://www.casadasatochas.info/
Disculpade as molestias
Posted on Xuño 18th, 2009 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | 1 Comment »

Esta xa non é a páxina da Casa das Atochas. O noso novo enderezo é http://www.casadasatochas.info/
Disculpade as molestias
Posted on Xuño 18th, 2009 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | 1 Comment »
E seguimos programando!!
Posted on Abril 9th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | 1 Comment »
Nom podes faltar!! Atocha alta, 14
Posted on Abril 2nd, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Commentss »
A nosa intención é manter este blogue actualizado en todo momento, subindo crónicas, anunciando actividades con tempo, facendo un diario de bitácora… mais o propio devir do proceso nos impide tanta programación do tempo, así que mentres seguimos procesando e reorganizando e pensando e construindo e disfrutando… presentamos este maravilloso texto froito dos primeiros días desta liberación do Laboratorio Social Okupado para que teñades en conta e compartades con nós toda a ilusión e o traballo colectivo que está supoñendo todo esto, desfrutádeo!!
Posted on Marzo 29th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Commentss »
A Cultura preokupa, laboratorio social okupado nas Atochas
Atocha alta, 14
Queerunha
Posted on Marzo 28th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Commentss »
Actividades fin de semana de A_Cultura_pre_o(K)upa. (R/Atocha Alta 14)
Venres 28 de marzo:
22:00h. Cine: «De nens», de Joaquin Jordá, 2003
Sábado 29 de marzo:
12:00 h. Contacontos infantil iniciación á leitura: Andrea, a reparadora de libros das bibliotecas
18:00h. Cine: «Made in Jamaica», de Jerome Laperrousanz, 2007
21.30h: Danza contemporánea: David Loira
23:00h. Música: concerto reggae-jam: Sauco e Tarú
00:30h. Queimada amenizada por Isabel Risco e Xose
Domingo 30 de marzo
21.30h. Cine: «El sopar» de Pere Portabella, 1974
22.30h. Cine: «La hamaca paraguaya» de Paz Encina, 2006.
Lugar: Laboratorio Social Okupado, Atocha Alta, nº 14
Monte Alto*Corunha*Galiza
Convoca:
A_CULTURA_PRE_O[K]UPA
Máis información actualizada e contacto:
http://aculturapreokupa.blogaliza.org
telf: 648.634.658
Información detallada cine:
* De nens.
FICHA TÉCNICA:
Ano: 2003
País: Estado español
Dirección: Joaquín Jordá
Producion: Lluis Ferrando e Isona Passola
Guión: Enric Daví e Carles Gusí
Montaxe: Sergi Dies
Música: Albert Pla
Dirección artística: Mariona Roigé
Duración: 180′
Cor
INTÉRPRETES: Carles Bars, Mònica Bassols, Oriol Bohigas, Marina Carbonell, Diego Cortés, Josep Cuní, David del Castillo, Manuel Delgado, Arcadi Espada, Armand de Fluviá, Joaquín Jordá, Albert Pla, Xavier Tamarit, etc.
SINOPSE: Análise a partir do seguimento do xuizo a Xavier Tamarit acusado de pederastia das conesións entre os poderes políticos, os poderes económicos e as forzas de seguridade do Estado.
* Made in Jamaica
FICHA TÉCNICA:
Ano: 2007
País: Reino Unido
Dirección: Jerome Laperrousanz
Producion: Hérold and Family & Lawrence Pictures
Guión: Jerome Laperrousaz
Fotografía: Jean Marie-Dreujou, A.F.C
Montaxe: Delphine Desfons
Duración: 110′
Cor
Intépretes: Toots, Lady Shaw, Elephant Man, Bunny Wailer, Capleton, Bounty Killer, etc.
SINOPSE: As rúas de Kingston son un fervedeiro de música, vida, pobreza endémica, turismo elitista, violencia, peregrinaxe en busca das raíces… Descendientes de escravos e piratas, a cultura xamaicana alcanzou su cenit a partires do reggae como movimento que trascendeu a música para ir máis aló: misticismo mesiánico, relixión e modo de vida. Todo mezclase en Xamaica e todo está presente aquí: desde a omnipresencia de Bob Marley pasando polas xóves xeneracións que fusionan e refunden os ritmos clásicos con todo tipo de novas tendencias.
O filme presenta os temas: da violencia e o crime no ghetto, a responsabilidade política, a Historia da Escravitude e o Colonialismo, o legado de Bob Marley e a búsqueda da salvación a traverso da música, a música os estudios de gravación e os artistas, a relixión e os rastafaris, o sexo e a música e a submisión das mulleres.
Máis información http://www.madeinjamaicamovie.com
* El sopar
Ano: 1974
Director: Pere Portabella
Duración: 60 min.
Guión: Pere Portabella
Fotografía: Manuel Esteban
Montaje: Teresa Alcocer
Producción: Jordi Cunill / Pere Portabella
Interpretación: Ángel Abad, Jordi Cunill, Lola Ferreira, Narcís Julián, Antonio Marín (Presos políticos, como eles mesmos)
Color
Sinopse: É un documento audiovisual de carácter político rodado clandestinamente a noite que asesinaron a Salvador Puig Antich, militante do Moviemiento Ibérico de Liberación. Amosa unha cea-asamblea de presos políticos.
Pere Portabella, cineasta vinculado á Escola de Barcelona, é unha figura absolutamente imprescindible para comprender a orixe e o desenvolvemento das produccións cinematográficas independientes, experimentais e clandestinas (pola súa crítica á represión política) xurdidas no Estado Español a partir dos anos sesenta.
* La hamaca paraguaya
Ano: 2006
Directora: Paz Encina
Produción: Simon Field, Keith Griffiths, Ilse Hugham, Gabriella Sabaté, Marianne Slot e Lita Stantic
Guión: Willi Behnisch
Montaxe: Miguel Suerdfinger
Música: Óscar Cardozo Ocampo
Dirección artística: Carlos Sapatuza
Duración: 78′
Color
Intérpretes: Georgina Genes y Ramón del Río
Sinopse: Ambientada no Paraguay do ano 1935. Unha mai e un pai agardan polo seu fillo que foi a guerra. Alegato antibelicista que trascende os feitos históricos para aprofondar neles a partir da intimidade e as relacións que surden desta parella.
Posted on Marzo 28th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Commentss »
Onte jornada completa adicada monograficamente a reciclagem e reutilizaçom.
O proprio Laboratirio que habitamos é a melhor das mostras do reciclagem. A reutilizaçom dos elementos que em desuso ou a modo de escombro amontonávam-se o venres e que tenhem sido convertidos em estantes, camas ou no proprio escenario, davam umha pista iniciática dum processo constante para o desenrrolo da CulturaPreOkupa.
Porem, ontem a reciclagem dos alimentos tomou umha boa parte da tarde com o obradoiro dxs compas da Cupula que desgranarom o arte do reciclagem da comida, aproveitando-se da enorme quantidade de excedentes que produz no día a día a sociedade contemporanea.
Depois umha palestra da rede Coruña_Troca situou a tarde no alvo das economías alternativas.
Duzias de propostas sairom à palestra neste espaço de debate.
COm a potenciaçom da ‘Tenda Gratis’ que se está construindo no laboratorio liberado pola cUlturaPreoKupa pechamos está crónica com um sabor de boca tam intenso como nos deixou onte fechar a noite com o passe de vídeo de ‘Los espigadores y la espigadora’ [Agnès Varda].
Posted on Marzo 22nd, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Commentss »
Ligamos as primeiras galerias de imagens subidas ao IMC_Galiza sobre o desenrrolo da _cultura_pre_o(k)upa_
http://galiza.indymedia.org/gz/2008/03/14794.shtml
http://galiza.indymedia.org/gz/2008/03/14804.shtml
http://galiza.indymedia.org/gz/2008/03/14819.shtml
Posted on Marzo 16th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | 2 Comments »
Entramos na terceira jornada de luita de A_cultura_pre_o(Kupa)_.
Onte pois, a jornada rematou com moreia de gente atravesando o laboratorio social okupado no que se tem convertido ja de facto o espaço liberado em Atocha Alta 14 (AA14).
Hoje seguimos plantejando a resistencia em chave de construçom de movimento. Em chave de agregaçons multiplas que consigam romper direitamente a atomizaçom entre o espaço clásico de politizaçom e o mundo máis aló dos nossos muros.
Hoje a manha tivo-se a primeira analise colectiva do processo que se tem desencadeado (que começa o seu percorrido há meses pero que tem-se disparado tra-la `toma`-palavra que nos sugeriu o compa zapatista Ernesto Ledesma na súa plática em Corunha poucas semanas atrás- do passado venres).
A tarde esperanos umha jornada que, ao redor do (des)género tratará de introduzir-mo-nos num universo de conflito propositivo; as compas de Nomepisesofreghao tenhem preparados os melhores ingredientes para umha tarde e umha noite completas de actividades.
Chamamos a gente a participar das actividades assim como a estar atentas os próximos días para, com o impulso da potencia em colectivo, poder seguir liberando espaços e construindo vida radical em movimento.
Hoje:
* Realizaçom de mural e ‘acicalado exterior’ do Laboratorio Social sede da cultura preokupa.
* Audiovisual desgenerado 1_María Ruido
* Performance de Rita Rodríguez
* Audiovisual degenerado 2_
* Actuaçonm de Clara Gonzalez (Mariclown)
Posted on Marzo 16th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Commentss »
Rematado o 2º día de resistencia no laboratorio social okupado, tivemos sesión reggae-dub e proxección de LiliFilms, xantador e ceador vegano, e curro, moito curro, visitas estupendas e menos estupendas, pero aquí seguimos.Sobre todo destacou o apoio da xente, esa é a liña axeitada para permanecer.
Mañan nos espera outro día repleto de cousas por facer, veremos o resultado do obradoiro de plantillas que se levou a cabo hoxe. Despois do xantar, a eso das 16:00 h, Nomepisesofreghao dinamizará o centro coa colaboración de compas de Vigo que nos farán un obradoiro de afectividades, proxectaremos traballos de María Ruido, faremos unha performance con Rita Rodríguez, veremos o traballo «Precarias a la Deriva» (Eskalera da Karacola) e esperamos que poda vir a compa Clara González de Mariclown para o fin de festa.
Estades convidadas a compartir toas estas actividades, e facemos especialmente o convite a todas as mulleres que queran coñecer o qeu facemos e, sobre todo, o que queremos facer.
En Atocha Alta 14 vos esperamos!
Posted on Marzo 16th, 2008 by desejoprecario
Filed under: Sen clasificar | No Commentss »